Unha tarde xogando

Esta semana foi a quenda de Cristina, quen nos presentou á súa mamá Vanessa.

Ensináronnos a gran colección de Pin e Pon que ten Cristina.
Despois explicáronnos como xogar ao dominó.

Por grupos, todos botamos en grupos todos unha partida.

Que entretido é…

Cristina xoga de marabilla ao Tangram e fai unhas figuras xeniais en moi pouco tempo.

Descubrimos tamén o divertido que é o xogo do Lince, todos… a buscarrrrr!

Para terminar a tarde de xogos, Cristina tróuxonos uns regaliños feitos por ela.

Que mañosa!

Como fomos moi bos, a mamá de Cris deunos a merenda, uns sándwichs riquísimos.

Non quedou nin un!