Afeccionada ao “rally”
Fátima, nai de Adriana, é copiloto de rally, e sorprendeunos traendo ao noso cole o coche co que corre.
Adriana e o seu irmán Mario explicáronnos como se pon o casco. Despois, a nai e o pai de Adriana axudáronnos a probalo.



Encantounos ver como é o interior dun coche de rally.





Fátima e Adriana tamén nos explicaron cómo funciona o motor do coche e ensináronnos o traxe que hai que poñer para ter protexido o resto do corpo. Adriana e Mario tiñan o seu propio traxe co que ían á asistencia para axudar á súa nai.


Por último, demos unha voltiña, por parellas, no coche.



