“O futuro paleontólogo”
Tristán, que veu acompañado do seu pai, amosounos os coñecementos sobre dinosauros. Ten moitas réplicas deles e explicounos cousas das diversas especies para despois xogar con elas.
Se algo ten claro, tras investigar sobre o tema e visitar algúns museos, é que quere ser paleontólogo. Mostrounos os seus libros e contounos algunhas curiosidades. Por exemplo, que o paleontólogo Richard Owen foi o que inventou a palabra “dinosauro” e significa “lagarto terrible”.
Tamén trouxo crebacabezas, e montámolos.
Un deles, xigante!
Para finalizar, pintamos debuxos de dinosauros e fixémolo tan ben que tivemos premio: un chupa e… un ovo de dinosauro!
Moitas grazas a Tristán e ao seu pai por esta tarde tan didáctica e divertida!