Protagonista: Tristán

“O futuro paleontólogo”

Tristán, que veu acompañado do seu pai, amosounos os coñecementos sobre dinosauros. Ten moitas réplicas deles e explicounos cousas das diversas especies para despois xogar con elas.

Se algo ten claro, tras investigar sobre o tema e visitar algúns museos, é que quere ser paleontólogo. Mostrounos os seus libros e contounos algunhas curiosidades. Por exemplo, que o paleontólogo Richard Owen foi o que inventou a palabra “dinosauro” e significa “lagarto terrible”.

Tamén trouxo crebacabezas, e montámolos.

Un deles, xigante!

Para finalizar, pintamos debuxos de dinosauros e fixémolo tan ben que tivemos premio: un chupa e… un ovo de dinosauro!

Moitas grazas a Tristán e ao seu pai por esta tarde tan didáctica e divertida!

Post relacionados

TeatroTeatro

Os alumnos de 5º de Infantil vivimos, esta semana, unha experiencia inesquecible. A nosa primeira viaxe en autobús para ver a representación da obra “De aquí para alá”.

(máis…)