Visita ao Parque de Bombeiros

Xavi foi o noso protagonista esta semana. Compartiu connosco unha experiencia moi especial. O seu tío Carlos estaba de garda, e convidounos a todos os nenos da clase a unha visita ao Parque de Bombeiros.

Fomos en autobús. Acompañáronnos os seus papás e a súa irmá Sofía.

Alí pasámolo fenomenal. Puxéronlle un traxe completo, incluído o casco. Tamén a algún outro neno.

Probou a respirar coa máscara de osíxeno.

Logo ensináronnos o alta que pode subir a súa escaleira.

  E montamos nela.

Pero abaixo!

Mostráronnos as súas “supertesoiras“, que cortan todo tipo de metais.

Tamén as súas habitacións e demais dependencias.

E, por último, fomos ao ximnasio; algúns subiron pola corda.

Foi unha tarde diferente e moi divertida!

Grazas Xavi!