Chegou a quenda de MICHAEL,
moi emocionado nesta tarde tan importante
Acompañárono a súa mamá Noelia e á súa tía.
Demostrounos o ben que fai os quebracabezas; e, cando rematou, leu, de marabilla, todo o abecedario.


Expresou a súa creatividade realizando diferentes figuras cunha plastilina moi especial, que se endurece cando pasa un tempo, e quedan figuras decorativas.
Cada un creou unha obra de arte con esta plastilina tan magnífica.




E vaia obras de arte!
Tivemos unha larpeirada de premio, que nola regalou Michael.