O noso especialista en orcas, baleas e tiburóns.
Esta semana o noso protagonista foi Xoel. Veu, ao cole, acompañado da súa nai e do seu irmán Eric.
Tróuxonos orcas, baleas, tiburóns e outros animais mariños de xoguete que puidemos tocar e manipular. Comparamos diferenzas e semellanzas entre varios animais mariños.


Xoel ensinounos unhas fotos da súa experiencia no Oceanografic de Valencia e no Loro Parque de Tenerife. O vídeo no que nos amosaron un espectáculo de Orcas do Loro Parque e outro de tiburóns encantounos!


Xoel, coa axuda da súa nai, contounos un conto moi bonito co que aprendemos moito.

