Proxecto de Plenos Escolares

Fonte: La Voz de Galicia

Por un día, o bastón de mando do Concello de Narón colleuno unha nova estudante do colexio Santiago Apóstolo, e os seus compañeiros de terceiro de ESO convertéronse en grupo de goberno e oposición protagonizando un rexuvenecido pleno. Desde as bancadas José Manuel Blanco e edís vían a intervención do futuro da política naronesa. Os estudantes atópanse inmersos nunha experiencia piloto da área de Participación Cidadá para analizar a situación do municipio.

 

Fonte: Diario de Ferrol

Los alumnos de tercero de la ESO del Colegio Santiago Apóstol pusieron ayer sobre la mesa del salón de plenos de Narón el trabajo de campo que durante las últimas semanas llevaron a cabo en diferentes barrios de la localidad. Los estudiantes, con el fin de analizar la situación de cada uno, posteriormente realizaron una encuesta que cubrieron sus familiares y vecinos para, precisamente, trasladar esos asuntos al pleno. Un pleno en el que se repartieron los roles de corporación, público –entre el que asimismo estaba el dirigente José Manuel Blanco y otros miembros del gobierno– e incluso periodistas, encabezados por una joven alcaldesa. Con esta iniciativa “pretendemos que os rapaces e rapazas se impliquen no momento asociativo e na vida política, comenzando pola súa administración mais próxima, os concellos”, manifestó Catalina García, edil de Participación Cidadá e Acción Social. García señaló que esperan implantar esta experiencia en otros centros educativos del Concello, si bien ya de cara al próximo curso.

Fonte: Galicia Ártabra

Alumnado de terceiro curso de ESO do colexio «Santiago Apóstol» participou este xoves na simulación dun pleno no Concello. A actividade, impulsada desde a Concellería de Participación Cidadá e Acción Social.

O alcalde, José Manuel Blanco, saudou aos rapaces e rapazas antes de iniciarse a sesión e presenciou o pleno desde as sillas do público, xa que os escolares ocuparon as reservadas á corporación local, o secretario e a interventora municipais. Presenciaron tamén o pleno varios integrantes da corporación local naronesa.

Unha das alumnas do centro asumiu o papel de alcaldesa de Narón, dando a palabra aos seus compañeiros e compañeiras, que debatiron diversos asuntos relacionados coa política municipal seguindo a orde do día redactada por eles mesmos.

A edil de Participación Cidadá recordou que a iniciativa responde a unha experiencia piloto que á que se apuntou o citado centro escolar. Desde hai unhas semanas os rapaces e rapazas percorreron algúns barrios da localidade para analizar a súa situación. A raíz desas visitas realizaron unha enquisa que cubriron os seus familiares e veciños e veciñas para, a partir de aí, establecer os asuntos a abordar no pleno.

Metidos de cheo no seu papel de concelleiros, explicaban as súas propostas mentres os compañeiros e compañeiras lles rebatían algunhas delas antes de sometelas á pertinente votación plenaria. Mentres un equipo asumía o papel da corporación, parte do alumnado facía o propio co dos xornalistas –grabando a sesión e sacando fotos- e incluso do público, que formulou algunhas preguntas aos novos representantes políticos.

«Estamos moi contentos pola exitosa aceptación desta proposta na que se implicou o colexio Santiago Apóstol, aínda que se ofreceu ao resto de centros da localidade», apuntou Catalina García. A edil avanzou que a previsión é implantar esta experiencia noutros centros educativos da localidade, aínda que xa de cara ao vindeiro curso escolar.

«A través deste tipo de actividades pretendemos tamén que os rapaces e rapazas se impliquen no momento asociativo e na vida política, comezando pola súa administración máis próxima, os concellos, ao tempo que implicar ás súas familias e ao resto da sociedade nestas áreas», subliñou a edil de Participación Cidadá Catalina García Blanco.

Fonte: Facebook Narón Participa

Post relacionados

O magostoO magosto

Para celebrar e facer ben visible a nosa festa do Magosto, durante este mes do novembro gozamos dun pequeno recuncho outonal. Nel recollemos todo tipo de elementos vexetais que nos subliñan a importancia desta época do ano na nosa cultura. Castañas, ourizos, cabazas e uvas lémbrannos o noso vínculo coa terra e como o Magosto tamén é unha época de fartura.

(máis…)