Finalistas da 41ª edición do concurso
Este ano participamos no concurso de debuxo: Que é un rei para ti? O alumnado de quinto e sexto de Primaria, de maneira individual, tivo que amosar dende o seu punto de vista cales eran os deberes e traballos dun rei.











Acadaron resultados moi, moi novidosos!















Os alumnos gañadores de cada CCAA, acompañados polos seus profesores e familiares, serán premiados cunha visita ao Palacio de Oriente e unha Audiencia con Don Felipe VI.






O traballo de dúas compañeiras foi seleccionado e estivemos no ditame final en Santiago.


Non resultamos gañadores, pero fíxonos moita ilusión participar e ademais todos os finalistas recibimos agasallo.
Volveremos o ano que vén!