Reserva 2024/2025

Reserva de praza para o centro adscrito (IES Terra de Trasancos)

Prazo: 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Normativa e manuais

Tramitación: (admisionalumnado)

Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes –> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro, xunto ao resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa.

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro (entregar no centro de orixe): GalegoCastelán, xunto ao resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa.

Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica  
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes –> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón “Firmar e presentar en Sede Electrónica“, poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o ANEXO I-bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación) e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,…).

Post relacionados

25N – 202125N – 2021

Día Internacional contra a violencia de xénero

Os alumnos de 5º de Primaria acudimos, en representación do noso colexio, ao acto institucional organizado polo Concello con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

(máis…)