Os nenos e nenas do taller de enriquecemento de Primaria levan uns días preparando en 3D os seus personaxes.

Comezaron axudándose uns a outros para lograr a silueta dos seus corpos.

Proseguiron coa selección e confección das prendas que, pouco a pouco, ía dando vida aos seus personaxes:

Gravaron un vídeo onde coñeceredes a cada un a través dos códigos QR que xeraron e pegaron nos seus murais.

Xerando os códigos QR:

Están  expostos no primeiro andar para que, a través dos códigos QR, poidades coñecer máis sobre eles.

QUEDARON XENIAIS!