Taller de nutrición saudable (1º EP)

Durante o mes de novembro estamos a elaborar un proxecto sobre ALIMENTACIÓN, polo que participamos nun obradoiro de nutrición saudable.

Na primeira sesión, explicáronnos as diferenzas entre os alimentos, o que nos aportan: vitaminas, proteínas, calcio… Tamén nos indicaron a cantidade que temos que comer de cada grupo para que a nosa dieta sexa equilibrada. Para rematar, elaboramos un menú cos alimentos que máis nos gustan coas cantidades axeitadas.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Na segunda sesión, coñecemos moitos dos xermes que nos rodean e que poden ser beneficiosos ou prexudiciais para a nosa saúde. Fixemos algúns con plastilina e quedaron así de chulos.

Elena, a profesora que traballou connosco, ensinounos a todos a lavar as mans moi ben para non enfermar nin contaxiarnos.

Agora, seguimos a traballar no noso proxecto, que esperamos mostrarvos dentro de pouco.

Parabéns Elena por ensinarnos cousas tan importantes.

 

Post relacionados

O magostoO magosto

Para celebrar e facer ben visible a nosa festa do Magosto, durante este mes do novembro gozamos dun pequeno recuncho outonal. Nel recollemos todo tipo de elementos vexetais que nos subliñan a importancia desta época do ano na nosa cultura. Castañas, ourizos, cabazas e uvas lémbrannos o noso vínculo coa terra e como o Magosto tamén é unha época de fartura.

(máis…)