Os alumnos de 5º e 6º de primaria participamos, no Pazo da Cultura, na mostra de teatro Infantil e Xuvenil, organizada polo Padroado da Cultura do concello de Narón.
A compañía Pedras de Cartón presentou a historia do Lazarillo de Tormes, contada por primeira vez con máscaras e sen palabras.
Profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, baixo a dirección de Pablo Sánchez, interpretaron esta coñecida peza picaresca.
Foi unha mañá moi divertida, e aprendemos máis sobre este clásico da literatura.