VII Edición concurso videopoemas

O sábado 11 de maio tivo lugar a VII edición do concurso de videopoemas organizado pola casa museo Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo), no cal participaron os alumnos da materia de EPVA de 4º de ESO con 4 composicións, resultando unha delas gañadora do concurso entre os máis de cincuenta traballos presentados.

A idea orixinal do vídeo gañador, no cal se dramatiza o poema “Negra sombra” de Rosalía de Castro, é das alumnas Anahit Gevorgyan, Noa Permuy e Candela Sánchez, mais no vídeo colaborou unha grande parte da comunidade educativa. O xurado sinalou o coherente resultado do vídeo coral en feminino utilizando a iluminación como único recurso dramático, complementado por unha posta en escena en blanco e negro como única gama de cor.



Parabéns a todos!

Post relacionados