O día 8 de febreiro, os alumnos de 4º de ESO acompañados polas titoras, Conchi e Mercedes; pola orientadora, Isabel; e por Sara (en prácticas), visitamos o Campus de Ferrol.
Esta é unha das actividades organizadas polo Departamento de Orientación do CPR “Santiago Apóstol”.
Primeiro, recepción no salón de actos: Breve presentación do SAPE, información do Centro de Linguas, visita á Facultade de Humanidades e Documentación, á Escola Universitaria de Deseño Industrial, á Facultade de Enfermaría e Podoloxía.
A continuación, breve descanso. Degustamos un saboroso chocolate con churros, ofrecido pola universidade.
De seguido, visita á Facultade de Ciencias do Traballo.
Por último, fomos a Serantes. Explicación e participación nalgúns talleres.
Agradecémoslle a todo o persoal, tanto de Esteiro como de Serantes, que nos acompañou, informou e que nos permitiu participar, a súa dedicación e o interese que amosaron para aclararnos todas as dúbidas.
Foi unha magnífica visita, con moita información, precisa e interesante, e que a algúns nos serviu para ter “un pouco máis claras” as ideas sobre o noso futuro.
Gustounos moito!