“A cociñeira”
Gabriela veu acompañada dos seus pais para ensinarnos como se prepara a súa cea preferida: Guacamole.

Explicounos que o aguacate formaba parte da alimentación Inca. Procedía do norte do seu imperio (Guatemala) e en Quechua denominábase palta. Amosounos, paso a paso, como se fai o guacamole: aguacate, tomate, limón, cebola… Batemos todo coa licuadora e…




A comer mollando nachos!
Estaba boísimo!





Moitas grazas familia por esta tarde de cociña.
