“Coñecendo outras culturas”

Os alumnos das clases dos piratas e dos astronautas profundamos nos costumes, paisaxes e características de Xapón. É apaixonante ver o diferentes que son. E que atractiva a súa cultura!

Fixemos actividades que nos achegaron un pouco máis aos xaponeses: a ceremonia do té, e tomamos Kukicha, que nos trouxo Enzo.

Colgamos no parque papaventos de carpas, para que traian boa sorte.

Celebramos a amizade regalando, entre nós, Kokeshis.

E, por último, achegámonos á súa gastronomía cunha degustación de sushi, aperitivos e pan de gambas que nos fixo Gisela, a mamá de Tina. Aínda que nos custou un pouco comer cos paus, estaba todo boísimo!

Pasámolo xenial!

Moitas grazas!