Chegou a tempada máis arrepiante do ano, “Halloween”! Celebrámola en grande coa axuda de todos os alumnos de Primaria, moi motivados coa temática de “Harry Potter”.

Aos de primeiro e segundo, ensináronlles, en vídeos, o vocabulario típico destas datas, e logo pintaron un colgador para as portas. Como agasallo do truco e trato, tiveron uns globos e unhas pantasmas.

Os de terceiro e cuarto fixeron gravatas e gafas semellantes ás de Harry. Elixiron as cores que máis lles gustaron para o escudo, e botaron de menos a variña máxica para facer os conxuros.

Os de quinto e sexto, como parte deles viran as películas, involucráronse moito. Fixemos, coa súa axuda, unha exposición na entrada do noso colexio na que había: unha liña do tempo, as variñas de Harry e Hermione, ou a puntuación de cada escola xogando ao “quiddich”.

Ademáis, decoramos os corredores do primeiro piso, realizamos un obradoiro de maquillaxe terrorífica, e o truco ou trato tan desexado por todos os alumno.

Pasámolo xenial!

Agardamos, con entusiasmo, o seguinte!

0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0