Xogos inclusivos

Unha nova iniciativa no centro para facer os recreos un pouco máis inclusivos, un espazo para xogos educativos ó que asistir durante os recreos de EP e ESO.

A través dos xogos de mesa o noso alumnado adquire ademais de coñecementos, destrezas e valores de forma lúdica.

O noso espazo de xogos é unha opción máis de xogo libre, que aporta grandes beneficios no desenvolvemento integral dos nosos alumnos.

Pequenos e maiores gozamos xuntos!

Post relacionados

Tolerancia e harmoníaTolerancia e harmonía

Reivindicar a tolerancia para que todos vivamos nun mundo mellor é fundamental. Por iso, algúns dos alumnos de sexto fixemos un mural composto de colaxes creativos e contámoslles aos nosos compañeiros a nosa visión sobre a tolerancia, a súa importancia e qué podemos conseguir con ela.

(máis…)