Admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Novos prazos de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020.

As solicitudes presentadas entre o 19 de maio e o 26 de xuño serán recollidas e rexistradas como presentadas fóra de prazo, a partires do 26 de xuño deben ser entregadas na Inspección Educativa.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Presentación en: Papel (Anexo II) ou mediante admisionalumnado

Prazas vacantes para o curso 2020/2021 (Actualizadas a 16/05/20)

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Normativa

Solicitudes

  • ANEXO II (Galego – Castelán)
    • O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:
      • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
      • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
      • Documento acreditativo (certificación de matrícula) de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
      • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
    • Esta solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carcater exclusivo, a un deles.
    • Na folla 5 (Anexo II bis), tanto que se opte por unha tributación conxunta como por unha tributación individual, a autorización concederase por ámbolos dous cónxuxes. Nesta autorización deben figurar todos os declarantes na unidade familiar (en caso de menores de idade, serán os proxenitores ou titores legais os que asinen por eles).
    • Documentación xustificativa de praza con necesidades específicas de apoio educativo, se é o caso.

Novo prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 11 ao 18 de maio de 2020, ámbolos dous incluídos.

Cómo presentar as solicitudes

  • Presencial: Entregarase unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar, de non ser así, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Manuais para as familias

Postos escolares ofertados

Listado de prazas vacantes para o curso 2020/2021.

Área de influencia

Atópase exposta no taboleiro de anuncios do centro.

Documentación xustificativa dos criterios de baremación

De existir máis solicitudes de prazas que postos escolares ofertados, e se non se presentou xa coa solicitude de admisión, abrirase un prazo do 19 ao 26 de maio de 2020 para presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados, xunto cunha copia do Anexo II presentado anteriormente. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

Resolución provisional de admitidos e non admitidos

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro de anuncios do centro con anterioridade ao 9 de xuño de 2020, terán un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o titular do centro no prazo de tres días hábiles.

As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles.

Resolución definitiva de admitidos e non admitidos

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido, ordeadas por puntuación, no taboleiro de anuncios do centro, antes do 26 de xuño de 2020.

Solicitudes fóra de prazo

As solicitudes de admisión fóra de prazo deberán presentarse directamente no Servizo de Inspección Educativa no seguinte enderezo:

Edificio Administrativo de Xunta, 7º andar
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol

Tfnos: 981337073 – 981337074

Formalización da matrícula

Os prazos para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/2021 serán os seguintes:

  • Educación Infantil e Primariado 1 ao 10 de xulloANEXO III-1.
  • Educación Secundaria Obrigatoria: do 1 ao 10 de xullo en prazo ordinario, e do 1 ao 10 de setembro en prazo extraordinarioANEXO III-2.