3ª Ed. Concurso Pilabot

O Colexio Santiago Apóstol de Narón e o CRA Amencer de Ribadavia convertéronse nos gañadores da terceira edición do concurso Pilabot. Este é o fallo do certame anual organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores de pilas autorizados na Comunidade galega —Ecopilas, ERP e Ecolec—.

Na terceira edición do concurso participaron durante 6 semanas uns 36.000 alumnos dun total de 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia. Este ano pechou coa recollida de 53.868 quilogramos pilas, acumuladores e baterías usadas, un dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares, polo que por segundo ano consecutivo se superou a barreira das 50 toneladas.

Deste total, o CPR Santiago Apóstol de Narón levou o primeiro posto en termos absolutos, ao recoller case 5 toneladas de pilas na súas instalacións —en concreto, 4.749,70 kg—.

Parabéns a todos os que fixestes posible este premio!

Post relacionados

II Edición premios á excelencia académicaII Edición premios á excelencia académica

Co fin de premiar a aqueles alumnos dos centros que destacaron non só polo seu expediente académico, senón tamén polo seu esforzo e superación persoal, o compañeirismo e a solidariedade, a CECE Galicia celebrou o pasado sábado, 22 de xuño, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC), (ás 11:00 h.) a segunda edición dos premios galegos de excelencia académica.

(máis…)