Experta en “pauciños” chinos.
Xixi veu ao cole acompañada da súa nai. Contounos que viaxou a China e a Disneyland, e amosounos fotos.
Xixi come moi ben comer con pauciños chinos. Ensináronnos como utilizalos, xa que tamén nolos trouxeron para nós. A algúns resultounos un pouco difícil, pero… comemos todas as “lambonadas”.
Por último, intentamos facer os números do 1 ao 10 en chino. A verdade é que nos saíron bastante ben. Pasámolo xenial e aprendemos moito.
Grazas a Xixi e á súa familia!