Petiscos saudables

1ª Sesión

Os nenos de Educación Infantil fixeron petiscos saudables en varias sesións. Elaboraron a lista da compra e saíron ao supermercado a atopar os ingredientes necesarios.

Despois… “mans á obra”; e elaboraron as distintas receitas.

Que rico!

2ª Sesión

Amosámosvos o ben que o pasamos os nenos de Educación Infantil na 2º sesión da elaboración dos Petiscos saudables. Fixemos a lista da compra, saímos ao supermercado e puxémonos a cociñar cos nosos amigos e amigas especiais.

3ª Sesión

Os nenos, nesta terceira sesión, fixeron petiscos saudables cos amigos especiais. Escribiron a receita, a lista da compra, saíron ao supermercado mercar os ingredientes necesarios e elaboraron uns petiscos saudables.

Post relacionados

Charla do SepronaCharla do Seprona

Os nenos de Infantil, e os do cole en xeral, estamos profundizando na vida dos bosques e, ao mesmo tempo, o dano que fan neles a contaminación e os incendios. Aproveitando que un papá traballa no Seprona (Servizo de Protección da Natureza), quixemos que nos contara un pouco cómo é o seu traballo, a vida nas Fragas e o perigo do lume.

(máis…)