Escolas no camiño

Obradoiro de preparación para a andaina que os alumnos de 4º e 5º de primaria percorrerán o próximo 22 de outubro, dentro do proxecto “Escolas no camiño”.

O pasado 7 de outubro, visitounos o historiador municipal André Pena Graña para dar a coñecer aos nosos nenos a riqueza natural, histórica e patrimonial do Camiño Inglés, ao seu paso polo noso Concello.

Estamos ansiosos agardando ese día!

Post relacionados

Saída ao concello de NarónSaída ao concello de Narón

Fonte: A Voz de Galicia

O día 25 de xaneiro, os alumnos de 4º da ESO acompañados polo director, Julio, e a titora, Conchi, asistiron a diferentes actividades no concello de Narón: Visita guiada da exposición sobre o holocausto na biblioteca municipal. E, a continuación, Cerimonia das candeas no salón de plenos do concello.