Protagonista: Marcos Grandal

Tarde divertida con xogos de mesa

Esta semana, o protagonista foi Marcos. Presentounos aos seus pais, Abel e Lorena.Empezou a tarde ensinándonos un vídeo no que fixo unha chea de cousas divertidas: bailar, participar nunha carreira, pasar a tarde na praia, actividades cos seus papás…

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

A continuación, díxonos que lle encantan os xogos de mesa, e que nos trouxo os seus favoritos para pasar unha tarde moi divertida na clase. Dividímonos en grupos. Xogamos ao Monopoly, Á illa do Tesouro, Quen é Quen, 4 en liña, Uno, ás cartas, a un xogo de Spiderman e a facer un quebracabezas.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Como “guinda” para unha tarde perfecta, tamén nos preparou un pastel en forma de estrela, e comémolo de merenda.

Ummm… exquisito!

Post relacionados

Días de cinemaDías de cinema

Nos meses de febreiro e marzo, os alumnos de 5 anos investigamos sobre o cinema, e gustamos tanto do cinema mudo que decidimos facer a nosa propia produción.

(máis…)

Nos meses de febreiro e marzo, os alumnos de 5 anos investigamos sobre o cinema, e gustamos tanto do cinema mudo que decidimos facer a nosa propia produción.

(máis…)