Sergio, o “gran” científico!
Sergio, o protagonista da semana do 3 ao 9 de febreiro, veu acompañado dos seus pais, Víctor e Azucena, e do seu irmán Hugo.
A tarde comezou cun experimento no cal de Sergio logrou que un volcán botase lava.
No seguinte, case fixemos maxia. Fomos quen de levantar bonequiños de papel sen tocalos. O truco… refregar ben un globo contra o nosa cabeza. Que divertido!
Por último, outro experimento que nos deixou alucinados: Sergio conseguiu escuma de cores mesturando diferentes ingredientes “máxicos”.
E tamén o pasamos moi ben elaborando as nosas propias tortas, que estaban riquísimas!
Moitas grazas Sergio e familia!