Volvemos ao cole!

Despois de tantos meses, por fin, estamos de volta!

Nin sequera os tapabocas poden agochar os nosos sorrisos por estar xuntos de novo.

Algúns incorporáronse por primeira vez, e non faltaron as bágoas por separarse dos papás e das mamás.

É un curso diferente e cheo de retos, pero entre todos conseguiremos que sexa xenial.

Post relacionados

Entroido 2021Entroido 2021

A situación que estamos a vivir este ano, marcada polas limitacións, non nos permitiu realizar cousas que eran habituais nas datas do entroido. Así e todo, non perdemos a ilusión, e a semana pasada celebramos, dentro das aulas, o noso entroido.

(máis…)