Disfraces e galletas, que divertido!
Chegou a quenda de Elena, quen nesta tarde tan xenial estivo acompañada da súa mamá Tatiana e do seu papá Jesús.
Descubrimos que Elena é unha gran afeccionada a disfrazarse. Mostrounos unha chea de fotos divertidas dela mesma, da súa familia e amigos disfrazados.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Para pasalo en grande trouxeron unha maleta chea de disfraces e armouse a festa,
que ben o pasamos!
Despois de xogar a disfrazarnos… unha sorpresa máis: galletas do Nadal para decorar…
Utilizamos unhas pinturas comestibles para debuxar nas galletas e, por suposto, despois COMEMOS!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Grazas, Elena, por unha tarde tan divertida.