Que é un rei para ti?

Finalistas da 41ª edición do concurso

Este ano participamos no concurso de debuxo: Que é un rei para ti? O alumnado de quinto e sexto de Primaria, de maneira individual, tivo que amosar dende o seu punto de vista cales eran os deberes e traballos dun rei.

Acadaron resultados moi, moi novidosos!

Os alumnos gañadores de cada CCAA, acompañados polos seus profesores e familiares, serán premiados cunha visita ao Palacio de Oriente e unha Audiencia con Don Felipe VI.

O traballo de dúas compañeiras foi seleccionado e estivemos no ditame final en Santiago.

Non resultamos gañadores, pero fíxonos moita ilusión participar e ademais todos os finalistas recibimos agasallo.

Exposición:
17 de xuño de 2022 ás 12:00 h
Escola Galega de Administración Pública EGAP

Volveremos o ano que vén!

Post relacionados

1ª Xornada de convivencia1ª Xornada de convivencia

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

(máis…)

25N – 202125N – 2021

Día Internacional contra a violencia de xénero

Os alumnos de 5º de Primaria acudimos, en representación do noso colexio, ao acto institucional organizado polo Concello con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

(máis…)