Mañá de patinaxe e diversión
A semana pasada o protagonista foi Nico. Viñeron os seus papás,
Pablo e María, e a súa irmá Paula.
Empezamos a mañá cunha explicación do equipo necesario para patinar, e despois saímos ao patio, onde puidemos ver unha demostración de patinaxe de Paula e Nico.
Que ben patinan!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
A continuación, pasamos de novo á aula onde descubrimos un truco moi divertido, cun cueiro e un pouco de auga…
neveeeeeeeeee.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Como en toda festa que se prece, tamén tivemos globos de cores para xogar.
Por último, despois de tanta actividade, unha boa merenda…
ummmm que ricos freixós recheos!