London

Os alumnos de Primaria teñen moito interese pola vida e cultura inglesa, especialmente pola cidade londinense. Así que, como era moi difícil ir de viaxe ata alí, decidimos traela ao noso cole. O primeiro que fixemos foi ubicarnos xeográficamente e aprender símbolos relacionados como a súa bandeira “union Jack”.

Os de quinto e sexto fixemos debuxos da Tate Modern e da National Gallery, centrándonos especialmente en autores como Van Gogh e seguindo as súas características á hora de pintar. Ademais fixemos unha sightseeing virtual de Londres e visitamos desta maneira os monumentos principais como o British museum, Saint Paul´s cathedral, The london Eye, The tower bridge, Trafalgar Square… Na casa fixemos un proxecto relacionado con Inglaterra, centrándonos especialmente nesta cidade. Algúns trouxemos libras, para ensinarllas ós nosos compañeiros, e outros obxectos representativos. Despois decoramos gran parte do cole con debuxos e coas nosas fantásticas obras, amosándolles ós nosos compañeiros os traballos que fixemos, sempre en inglés.

Quedou demostrado que somos uns artistas!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

En terceiro e cuarto fixemos uns marcapáxinas, bandeiras para decorar o cole enteiro e uns cupcakes decorados con motivos relacionados co noso proxecto.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Os máis pequenos aprendemos cal é a bandeira e o seu nome. Decoramos uns banderíns moi bonitos que logo levamos á nosa casa e así tamén repasamos os nomes das cores.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Por todo o cole podiamos ver sinais de educación vial londinense como era a parada de metro “Santiago Apóstol Underground”, as advertencias “mind the gap”, turn right and left antes de cruzar…

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Finalmente tiñamos que seguir costumes clásicas como o “afternoon tea”, que aínda que non foi ás cinco da tarde, resultou delicioso. Puidemos degustar diferentes tipos de té e pastas moi ricas. Moitos repetimos varias veces. Foi un recreo divertido e diferente, de feito nos días seguintes pedímoslles ás profes se podiamos repetir, pero non puido ser…

As teachers comentáronnos que estaban moi moi orgullosas de nós e do noso traballo, dixeron que así, si que daba gusto traballar e que grazas a nós o proxecto fora un éxito.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

A nosa conclusión é que nos gusta vir ao cole e facer este tipo de actividades para aprender e, sobre todo, queremos ir a Londres porque agora xa case é como estar na casa!

Post relacionados

Xornadas de orientaciónXornadas de orientación

Orientación académica e profesional

Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola directora, Berta; a titora: Conchi; e a Orientadora: Isabel, asistimos, o día 21 de febreiro, ás Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Concello de Fene. Alí, recibimos información de diferentes Titulacións e dos Ciclos Formativos, e respostáronnos a todas as dúbidas que se nos presentaron.

(máis…)