Excursión a Pedroso (1º EP)

Os alumnos de 1º de Primaria fomos de excursión a Pedroso, onde nos tiñan preparados tres talleres.

Fixemos un taller no que nos amosaron pegadas de distintos animais; escollemos a nosa favorita e con ela creamos uns pisapapeis de barro para levar de recordo.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Ademais, fomos pola área recreativa en busca de distintas pegadas: de xabaril, de diferentes aves,… que entretido!

Noutro taller fabricamos sales de baño.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Levámolas para que, na nosa casa, nos deramos un baño relaxante.

Ao final, organizaron xogos populares cos que nos divertimos moitísimo.

Encántannos estas saídas e ir en bus é unha pasada!

Post relacionados

O magostoO magosto

Para celebrar e facer ben visible a nosa festa do Magosto, durante este mes do novembro gozamos dun pequeno recuncho outonal. Nel recollemos todo tipo de elementos vexetais que nos subliñan a importancia desta época do ano na nosa cultura. Castañas, ourizos, cabazas e uvas lémbrannos o noso vínculo coa terra e como o Magosto tamén é unha época de fartura.

(máis…)