Os alumnos de 4º ESO profundaron nos seguintes contidos da Xeoloxía: volcáns, a tectónica de placas, fallas transformantes, aparición de illaseformación de tsunamis, a través da realización de maquetas, moi logradas.
Os alumnos de 3º de ESO elaboraron unhas maquetas sobre os distintos aparellos do corpo humano dados en Bioloxía ata o momento. Desta maneira traballaron os contidos dunha forma diferente e entretida.