Excursión a Santiago de Compostela

O 16 de febreiro, os alumnos de 3º da ESO e de 1º e 2º de FP Básica, acompañados polos nosos titores, fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Primeiro, ao Auditorio de Galicia.

Asistimos ao concerto didáctico: “GALLAECIA GALLAECIÑOS”, interpretado por Gallaecia Big Band.

Aprendemos, dunha forma moi divertida e entretida, a Historia do Jazz, xa que nos foron narrando como nace cada estilo do mesmo e explicando os diferentes estilos musicais, instrumentos, ritmos e épocas do Jazz: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul…

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

A continuación, e aproveitando que ía bo tempo, camiñamos ata a Praza do Obradoiro.

Deixáronnos tempo libre, antes de ir comer, para botar unha ollada pola zona vella.

Pola tarde, visitamos a Cidade da Cultura, situada no cumio do monte Gaiás.

Alí recibíronnos Rafa e Paula, os nosos guías, que nos acompañaron durante a visita e nos explicaron todo o proxecto deseñado polo arquitecto americano Peter Eisenman.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0

 

Post relacionados