Tarde de xogos, música e baile con Iria
Iria pasou a súa tarde de protagonista acompañada da súa nai María e da súa irmá Laura.
Empezou cunha demostración, xunto coa súa irmá, do ben que sabe tocar a pandeireita, e despois dos modos e ritmos diferentes para tocar este instrumento.
A continuación, xogamos un pouco coa plastilina e coas mil cosas que ten Iria para iso, que fermosas!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Puxémonos en movemento cun xogo moi divertido de trouxo Iria: Tiñamos que facer tolemias cunhas pelotas de espuma, que risas.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
E non paramos… seeguimos facéndoo, pero agora cunha clase de Zumba, dirixida por María, ao ritmo da MACARENA… “Dálle ao teu corpo alegría Macarenaaaa”.
E para rematar esta tarde xenial, unha merenda e un agasallo de Iria.
Ñammm, deliciosoooo!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]