Unha tarde divertida con HUGO,
a súa madriña e a súa irmanciña Paula.
A madriña de Hugo preparou unha presentación para coñecer un pouco máis ao noso protagonista desta semana.
Despois, xogamos un intre, por mesas, a uns xogos moi divertidos, e de equipo que son os máis entretidos.




E tamén a un xogo que trouxo Hugo, feito por el e a súa familia.
Que pasada!
Estivo xenial!


Aprendemos a facer plastilina caseira de diferentes cores, cada un da cor que elixiu.
Para rematar unha tarde magnífica, tivemos unha gran merenda.
E un regalo moi especial para cada un, incluído o mestre.