Que ricas as castañas!
Como cada ano, celebramos o magosto na escola, unha festa tan especial e tan propia da nosa terra. Puidemos degustar castañas, beber leite e aproveitar este momento para compartir, aprender xogos e cancións. Os nenos e nenas de 3 anos foron acompañados polos amigos e amigas especiais de 5 anos.