Pedido solidario 2018

Os alumnos de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante o mes de decembro, o proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar no colexio, unha recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

Con este proxecto acadamos dous obxectivos fundamentais: por unha banda, colaborar con esta asociación e, por outra, por en práctica o estudado na materia de Pedidos, que se imparte neste segundo ano do ciclo de Servizos Administrativos.

Agradecemos a participación da comunidade educativa, e por suposto de todos os estudantes e das súas familias.

Moitas grazas.

Post relacionados

Tómbola 2017Tómbola 2017

Este ano, recadamos na tómbola que facemos para colaborar nalgún dos proxectos que ten a ONG MANOS UNIDAS en países menos desenvolvidos, un total de 595,31 €.

Coa venda de material de MANOS UNIDAS recadamos 865,50 €.

(máis…)