Plantación no paseo marítimo da Gándara

Os alumnos de sexto de Primaria participamos, o pasado día 26 de febreiro, na nova plantación dunha trintena de árbores (castiñeiros, carballos e álamos) no paseo marítimo da Gándara.

Tras un pequeno tempo de lecer, xogando, bailando e cantando, regaláronnos unhas camisetas conmemorativas.

A continuación, comezamos cunha clase teórica sobre os diferentes tipos de árbores, arbustos e plantas.

Logo, pasamos á parte práctica e en parellas plantamos unha árbore. Por quendas, cavamos, cubrimos con terra a raíz e aguantamos do tronco. Ao final, puxémoslles nunhas cintas os nosos nomes e o da árbore.

Tamén contamos coa asistencia da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que foi moi simpática e… 

ATA NOS ASINOU NAS CAMISETAS!

O traballo foi duro, porque ía moita calor. E para recuperar forzas, invitáronnos a un xantar restauradora base de petiscos de tortilla, croquetas, pizza…

Por último, regresamos ao cole.

Queremos agradecerlle a Luis, xardineiro e paisaxista,
os seus sabios consellos e ensinanzas.

Tamén, o noso agradecemento ao Concello e á Corporación Masaveu por invitarnos.

Post relacionados

Valores Éticos (4º ESO)Valores Éticos (4º ESO)

Los alumnos de “Valores Éticos” de 4º ESO están elaborando un trabajo llamado “Plenos Municipales” y en el mismo han realizado estos vídeos de propaganda electoral. Todos los “profes“, alumnos de secundaria y personal no docente serán quiénes votarán el próximo 24 de febrero.

¡Elegid entre estas propuestas!

(máis…)

Xornadas de orientaciónXornadas de orientación

Orientación académica e profesional

Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola directora, Berta; a titora: Conchi; e a Orientadora: Isabel, asistimos, o día 21 de febreiro, ás Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Concello de Fene. Alí, recibimos información de diferentes Titulacións e dos Ciclos Formativos, e respostáronnos a todas as dúbidas que se nos presentaron.

(máis…)