Aprendendo a pensar na aula de 3 anos

Os Piratas e os Astronautas entrenamos a nosa mente nas nosas sesións de filosofía.

Na primeira, utilizamos obra “Bichos” da pintora brasileira Tarsila do Amaral. Os nosos profes esconderon o cadro detrás dun taboleiro que foron descubrindo mentres faciamos hipóteses do que representaba o cadro.

Na segunda, “As partes e o todo”, partindo das partes dun can, pensamos e descubrimos que pasaría se lle faltara algunha.

Post relacionados

O noso período de adaptaciónO noso período de adaptación

Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos primeiros días no “cole de maiores”. Non vos desilusionedes se os vosos fillos e fillas saen poucas veces, pois non a todos e todas nos gusta saír e posar nas fotos por igual, mais todos e todas somos unha peza moi importante deste gran puzzle que formamos no equipo da nosa aula.

Esperamos que vos guste ver os nosos primeiros pasiños nesta gran aventura!

8M Día da muller8M Día da muller

Aproveitando os proxectos iniciados no mes de marzo na etapa de Infantil, cada curso investigou acerca de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Os alumnos de 3 anos investigaron artistas participantes no museo ao aire libre das Meninas de Canido, no curso de 4 anos indagaron sobre inventoras galegas, e en 5 anos coñeceron mulleres pioneiras.

(máis…)