Desexamos un feliz Ano Novo 2021, e agardamos que veña cargadiño de cousas boas para todos!
(máis…)
Neste ano tan terrorífico, os alumnos e profes de todos os niveis de Primaria seguimos a celebrar Halloween.
(máis…)
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria, como recompensa polo traballo realizado durante o confinamento, dedicaron a última semana do curso para facer traballos de papiroflexia (encartado de papel) e origami modular (módulos idénticos) para formar diversas figuras.
(máis…)
O día 10 de marzo, os alumnos de sexto de Primaria participamos nunha plantación no recinto feiral do Trece (Sedes).
Nesta actividade, promovida pola Corporación Masaveu, tamén cooperaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, algúns concelleiros e representantes da cementeira Tudela Veguín.
(máis…)
Os alumnos de primeiro e segundo de Primaria, ademais de realizar as actividades dos nosos pupils e activity book, cantamos, bailamos e, sobre todo, xogamos. Agora estamos aprendendo as partes do corpo.
(máis…)
Os alumnos de 3º de Primaria, durante varias semanas, realizamos moda en miniatura. Trouxemos das nosas casas diferentes prendas dos nosos bonecos ou de cando eramos máis pequenos. Outros confeccionámolas con materiais variados: plastilina, papel, tea. Escribimos unha etiqueta co nome da prenda en inglés, e fixemos unha presentación nesta mesma lingua para os nosos compañeiros da clase, explicando o que levabamos posto.
(máis…)
Os nenos do CPR Santiago Apóstol, de Narón, queremos un mundo no que vivamos en Paz e harmonía. Por iso, dende Infantil ata Primaria conmemoramos o Día mundial da Paz, 30 de xaneiro, cantando e bailando a canción de “Danza pola Paz” e cunha solta de pombas mensaxeiras que leven a nosa mensaxe a todos os recunchos do mundo.
(máis…)
Os máis pequenos de Primaria celebramos por primeira vez Thanksgiving, unha festa que se remonta ao ano 1620.
(máis…)