Para celebrar esta data, decoramos a entrada do cole cos traballos realizados polos diferentes cursos sobre figuras relevantes femininas.
En todos os cursos se traballaron e fixeron murais sobre as mulleres máis importantes para a vida do alumnado. Varios mestres de Infantil contaron nesta etapa o conto “Maruxa”, para reivindicar a igualdade de xénero nos traballos domésticos.
Unha mañá, cando os nenos de catro anos chegamos á aula de psicomotricidade, atopamos unha maleta chea de sorpresas: un pasaporte, un mapa, 2 quebracabezas, unha memoria USB cos debuxos de Willy Fog… Así foi como comezamos este proxecto.
(máis…)
Este ano a temática do entroido está relacionada co proxecto SEMGAL “A volta ao mundo en 80 días” de Julio Verne.
(máis…)
O alumnado de 3º de primaria puido viaxar polo mundo xunto a nosa mascota, Trasno, grazas as mochilas viaxeiras creadas por familias do centro.
(máis…)
A semana do 15 ao 19 de xaneiro, os alumnos de 4° ESO de Educación Artística coñeceron de primeira man a pintura sobre lenzo en tea transparente grazas ao taller impartido pola nosa exalumna Natalia Bouza, estudante de 4° de Belas Artes que levará a cabo o seu Traballo de Fin de Grado sobre este tipo de técnica.
(máis…)
Durante este trimestre,o alumnado de sexto, fixo un vídeopara mandarllo a uncolexio de Costa Rica, nel intentamos contarlles como era o noso cole, a súa contorna, que medios utilizamos para chegar a el…
(máis…)