Un ano máis, aínda que dun xeito diferente, festexamos o día da PAZ. Fixemos, entre outras cousas, un traballo manual.
(máis…)
Os nenos do CPR Santiago Apóstol, de Narón, queremos un mundo no que vivamos en Paz e harmonía. Por iso, dende Infantil ata Primaria conmemoramos o Día mundial da Paz, 30 de xaneiro, cantando e bailando a canción de “Danza pola Paz” e cunha solta de pombas mensaxeiras que leven a nosa mensaxe a todos os recunchos do mundo.
(máis…)
Os alumnos de Secundaria e FPB celebramos este día decorando as portas das aulas e os corredores con mensaxes e símbolos relacionados coa Paz.
(máis…)
Os nenos de infantil e primaria celebramos, o 30 de xaneiro, o día da PAZ. Decoramos uns medallóns con diferentes cores e unha pomba para facer uns colgantes.
(máis…)
Os alumnos do noso colexio celebraron o día da PAZ con diferentes actividades: solta de pombas, decoración das portas das aulas, mensaxes…
Para conmemorar este día tan sinalado, os alumnos do Taller de enriquecemento elaboraron uns curtos sobre esta temática coa técnica do stop motion.