En conmemoración co Día Internacional da Arte,os nenos e profes do coleSantiago Apóstolaportamos o noso gran de area. Convertémonos nunha das nosas obras de arte favoritas, dende Botticelli e Miguel Ángel ata Magritte ou Picasso.
O día 10 de marzo, os alumnos de sexto de Primaria participamos nunha plantación no recinto feiral do Trece (Sedes).
Nesta actividade, promovida pola Corporación Masaveu, tamén cooperaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, algúns concelleiros e representantes da cementeira Tudela Veguín.
Os alumnos de 3º de ESO elaboraron unhas maquetas sobre os distintos aparellos do corpo humano dados en Bioloxía ata o momento. Desta maneira traballaron os contidos dunha forma diferente e entretida.
Os alumnos de primeiro e segundo de Primaria, ademais de realizar as actividades dos nosos pupils e activity book, cantamos, bailamos e, sobre todo, xogamos. Agora estamos aprendendo as partes do corpo.
O pasado 4 de marzo os alumnos de 4º da ESO e de 1º e 2º curso da FPB asistiron ás Xornadas de Orientación Académico – Profesional de Ferrol, celebradas no auditorio e no conservatorio de Caranza.
O vindeiro 6 de marzo, as alumnas: Miriam, María, Silvia e Luz, de 2º de ESO, representarán ao noso colexio no concurso “NOVOS TALENTOS”, en lingua galega, de Coca-Cola.
O alumnado de 5º de Primaria, para celebrar o día da amizade, escribiu en carteis tipo anuncio, que compartiron co resto do cole, frases en diferentes idiomas para dedicárllelas aos seus compañeiros.