Felicitamos ás nosas alumnas Alba Seoane Díaz, de 5º A, e Jana Fernández Pérez, de 6ºA, por seren seleccionadas, de entre máis de 10.000 traballos, como finalistas do deseño dunha xoia para a súa nai. (máis…)
Felicitamos ás nosas alumnas Alba Seoane Díaz, de 5º A, e Jana Fernández Pérez, de 6ºA, por seren seleccionadas, de entre máis de 10.000 traballos, como finalistas do deseño dunha xoia para a súa nai. (máis…)
Os alumnos de 1º e 4º da ESO renderon a súa particular homenaxe ao científico Stephen Hawking.
Un ano máis festexamos o patrón de Irlanda. Todos os cursos de Primaria colaboramos para encher a entrada do colexio con moitos “leprechauns”.
Entre profesores, investigadores e educadores existe un amplo consenso sobre a importancia vital da educación artística infantil. As artes desenvolven calidades persoais tan relevantes como a expresión creativa natural, os valores sociais e morais ou a autoestima, entre outras.
Os alumnos de 3º da ESO fixeron unhas excelentes maquetas do corpo humano.
O resultado é magnífico e, sen dúbida, o esforzo resulta evidente.
Hai uns días organizamos un concurso de debuxo na clase. Necesitabamos un cartel para a porta da horta do noso cole. Saíron debuxos moi imaxinativos polo que foi moi complicado escoller, e decidimos que colaboraran todos os nosos compañeiros de primaria.
Os alumnos de 1° e 4° de ESO presentan os seus traballos para conmemorar o día 11 de febreiro: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.