Chega o outono, a estación na que as follas caen das árbores, apañamos as castañas, tendo moito coidado cos ourizos, e tamén hai que abrigarse un pouco.
No Santiago Apóstol, nós celebramos esta estación facendo diversos traballos manuais, murais, debuxos… tanto en Educación artística como noutras materias. Deste xeito, aprendemos novo vocabulario en inglés, e repasámolo en lingua galega.
Tamén identificamos as cores cálidas e as cores primarias e secundarias en diferentes imaxes.
Reciclamos piñas e convetémolas en orixinais ourizos cachos, e tamén fixemos esquíos con cartolinas.
Inspirámonos no outono para escribir contos nunhas landras que fixemos nós.
Por último, decoramos un mural moi outonal coas nosas creacións. Foi moi divertido. Que viva o Outono!