Club Debate Alingua 2024

O equipo “Os Gandariños” clasifícase para a final do Club de Debate

Un equipo formado por oito alumnos de 3° ESO conseguiron o pasado 28 de febreiro superar a fase clasificatoria do Club de Debate celebrado en Santa Comba, acadando así un posto para a final, que terá lugar o sábado 13 de abril no Val do Dubra. 

Con isto, convértense no primeiro equipo de Narón en chegar á fase final, a que só acceden os seis mellores equipos de debate de toda Galicia. 

Moitos parabéns, rapaces!

Post relacionados

Concurso de videopoemasConcurso de videopoemas

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

(máis…)