Chega o outono, a estación na que as follas caen das árbores, apañamos as castañas, tendo moito coidado cos ourizos, e tamén hai que abrigarse un pouco.
O alumnado de 5º de Primaria, para celebrar o día da amizade, escribiu en carteis tipo anuncio, que compartiron co resto do cole, frases en diferentes idiomas para dedicárllelas aos seus compañeiros.