O pasado 16 de marzo, algúns dos nosos alumnos de 2º de FPB participaron nunha actividade conxunta co alumnado que cursa o ciclo medio de Servizos Administrativos no IES Terra de Trasancos.
Debido á imposibilidade de realizar visitas presenciais, realizouse unha conexión por videoconferencia durante a cal os nosos alumnos recibiron, de primeira man, información sobre este ciclo e as materias que o forman.
Despois, os alumnos de ambos centros intercambiaron preguntas e contaron os seus proxectos de futuro.
A xefatura do Departamento de Orientación do colexio Santiago Apóstol agradece a iniciativa da profesora de FP de Trasancos, Ana Mª López Suárez, e a colaboración de Natalia Álvarez, titora de 2º de FPB do noso colexio, para o desenvolvemento da devandita actividade.
As fotos ilustran algún dos momentos.