Os alumnos de 4º de ESO, A e B, asistiron o día 21 a unha charla sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas, ou de acompañante nun coche no que o seu condutor estivese baixo estes efectos.
Tendo en conta que mañá é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os alumnos de Educación Secundaria da materia de EPV (Educación Plástica, Visual e Audiovisual), participaron dun vídeo relacionado co tema.
Os nenos e nenas de Infantil estamos coñecendo a lingua de signos. Deixámosvos un vídeo dunha canción que aprendemos para conmemorar o día da Paz. Esperamos que vos guste.